Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 23 de decembro de 2015 Páx. 48126

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 1 de decembro de 2015 pola que se notifica o Acordo do 17 de setembro de 2015 que fixa o prezo xusto do predio número 4co2, sito en Ribeira, relativo ao proxecto 01431, expediente 2015/000452.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), modificado polo artigo 25 da Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante a presente cédula a María Josefa Franco Piñeiro o Acordo de 17 de setembro de 2015, que fixa o prezo xusto do predio nº 4co2 sito en Ribeira, relativo ao proxecto 01431, expediente 2015/000452, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada, poderá tamén interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da notificación ou publicación desta cédula no TEU do Boletín Oficial del Estado, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. De conformidade co citado artigo 25 da Lei 15/2014, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do Boletín Oficial del Estado.

4. En consecuencia, para que conste e lle sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2015

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o que se expropia: 01431-mellora da estrada AC-303 Oleiros (AC-550)-Corrubedo. Clave: Ac/09/257.01. Tm Ribeira.

Nº de expediente: 2015/000452.

Persoa que se vai notificar: María Josefa Franco Piñeiro.

Expropiante: CMATI. Servizo de Infraestruturas da Coruña.

Expropiada: María Josefa Franco Piñeiro.

Beneficiario: CMATI. Servizo de Infraestruturas da Coruña.

Predio nº: 4co2.

Concello: Ribeira.

Provincia: A Coruña.

Valoración resolución do xurado: 349,29 €.