Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 23 de decembro de 2015 Páx. 48124

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2015 pola que se fai pública a formalización do procedemento aberto da contratación non suxeita a regulación harmonizada, mediante documentación simplificada, de logopedia, atención temperá e rehabilitación integral a pacientes con parálise cerebral e patoloxías semellantes na estrutura organizativa da Xestión Integrada de Vigo (expediente AB-SER4-15-002).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-SER4-15-002.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos.

b) Descrición do obxecto: prestación de servizos de logopedia, atención temperá e rehabilitación integral a pacientes con parálise cerebral e patoloxías semellantes na EOXI de Vigo.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: oitocentos mil euros (800.000 euros).

5. Formalización do concerto:

a) Data de adxudicación: 12 de novembro de 2015.

b) Data de formalización do concerto: 1 de decembro de 2015.

c) Contratista: Hogar y Clínica San Rafael.

d) Importe de adxudicación: 800.000 euros.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2015

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Xerente do Servizo Galego de Saúde