Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 23 de decembro de 2015 Páx. 48062

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Culleredo (expediente IN407A 2015/222-1).

Número de expediente: IN407A 2015/222-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: retranqueo LMT SMC 711 r/ Silva.

Concello: Culleredo.

Características técnicas: liña de media tensión aérea SMC-711, entre apoios nº 14 e nº 15, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,128 km, coa orixe en apoio nº 14 existente da LMT SMC-711, onde se realiza o paso de aéreo a subterráneo da LMT subterránea ao CT polígono Marisqueira II (expediente 266/2010), condutor tipo LA-110 mm2 Al, e final no apoio nº 15 proxectado que substitúe o existente da LMT SMC-711, no tramo entre a derivada ao CT polígono Marisqueira II (expediente 266/2010) e o CT Almeiras (expediente 251/2000).

Tramo liña de media tensión soterrada SMC-711, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,503 km, con orixe en paso aéreo a subterráneo para realizar no apoio nº 15 proxectado que substitúe o existente da LMT SMC-711, no tramo entre a derivada ao CT polígono Marisqueira II (expediente 266/2010) e o CT Almeiras (expediente 251/00), en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final no CT Almeiras (expediente 251/00).

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte (20) días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 25 de novembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña