Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 23 de decembro de 2015 Páx. 48061

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 1 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico do Plan especial SUND Vilarín, no concello de Riotorto, promovido pola Sociedade Urbanística Provincial de Lugo, S.A. (Suplusa) (expediente 2015AAE1823, código 1738/2015).

De acordo co artigo 31 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público o informe ambiental estratéxico do 30 de novembro de 2015, sobre o Plan especial SUND Vilarín, no concello de Riotorto, promovido pola Sociedade Urbanística Provincial de Lugo, S.A., Suplusa.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental