Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 23 de decembro de 2015 Páx. 48103

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2015 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto multicriterio, tramitación ordinaria e anticipada do gasto, do contrato de servizo para a redacción do proxecto de construción da vía de conexión da A-52 co polígono industrial de San Cibrao das Viñas, treito A-52–N-525, de clave OU/15/107.01. (AT/018/2015), cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 03, prioridade de investimento 03.04, obxectivo específico 03.04.03.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Área de Contratación e Administración.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfono: 981 54 49 86.

5º. Telefax: 981 54 47 91.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23781

7º. Data límite de obtención da documentación e información: 10 de febreiro de 2016.

d) Número de expediente: OU/15/107.01. (AT/018/2015).

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: contrato de servizo para a redacción do proxecto de construción da víal de conexión da A-52 co polígono industrial de San Cibrao das Viñas, treito A-52 – N-525.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega:

Localidade: provincia de Ourense.

e) Prazo de execución: 8 meses.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 71311210-6.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: a oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 278.766,20 €, sen IVE. IVE 58.540,90 €. Importe total: 337.307,10 €.

b) Cantidade ou extensión global do contrato (incluídos todos os lotes, renovacións e opcións, se é o caso): 278.766,20 €, IVE excluído.

Cofinanciamento pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Obxectivo temático 03: mellorar a competitividade das pemes, do sector agrícola (no caso do Feader) e do sector da pesca e a acuicultura (no caso do FEMP).

Prioridade de investimento 03.04: apoio á capacidade das pemes para crecer nos mercados rexionais, nacionais e internacionais e nos procesos de innovación.

Obxectivo específico 03.04.03: promover a internacionalización das pemes.

5. Garantías exixidas:

Garantía definitiva: 5 % do orzamento de licitación (sen IVE).

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional:

a) Solvencia económica e financeira: acreditarase segundo o establecido nas cláusulas 3.3.1 e 3.3.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, e o punto J do cadro de características deste.

b) Solvencia técnica: acreditarase segundo o establecido nas cláusulas 3.3.3 do prego de cláusulas administrativas particulares, punto K do cadro de características.

c) Os empresarios estranxeiros non clasificados deberán acreditar a súa capacidade e solvencia, segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares de conformidade co disposto nos artigos 75 e 77 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data de presentación de ofertas: 10 de febreiro de 2016.

b) Modalidade de presentación:

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, sito no Edificio Administrativo de Santiago de Compostela e segundo se especifica no punto 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes, se procede: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses conforme o artigo 161 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

8. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: sala de xuntas da Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Infraestruturas e Vivenda. Edificio Administrativo San Caetano.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Data e hora: perfil do contratante www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23781, con dous días hábiles de antelación á realización do acto público.

9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

10. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 21 de decembro de 2015.

11. Outras informacións:

a) Idioma (s): galego, castelán ou nos idiomas da Unión Europea, acompañado de tradución oficial.

b) Modalidades básicas de financiamento ou de pagamento e/ou referencias aos textos que as regulan: segundo o establecido na cláusula 5.3.2 do prego de cláusulas administrativas particulares e o punto 6.2 do prego de prescricións técnicas particulares.

c) Forma xurídica para agrupacións de contratistas: axustarase aos requisitos previstos no artigo 59 do texto refundido da Lei de contratos do sector público.

d) Información complementaria. Tipo de poder adxudicador: Administración rexional. Trátase dun anuncio non obrigatorio: non.

e) A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación administrativa (sobre A), segundo se especifica no punto 3.6, Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

A apertura do sobre B (oferta técnica) terá lugar na data e hora que será anunciada no perfil do contratante www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23781, con 2 días hábiles de antelación á realización do acto público.

A apertura do sobre C (proposición económica) terá lugar na data e hora que será anunciada no perfil do contratante www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23781, con 2 días hábiles de antelación á realización do acto público.

Se por algún motivo hai que modificar o acto público de apertura dos sobres B e C, reflectirase a nova data no perfil do contratante www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23781.

No caso de que a información reflectida no enderezo da internet non concorde cos datos publicados no anuncio de licitación, prevalecerá este.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2015

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas