Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 23 de decembro de 2015 Páx. 48108

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2015 pola que se fai pública a formalización da contratación da subministración de equipamento informático (impresoras) para as oficinas de emprego da Xunta de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente 111/2015).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: adquisición de 350 impresoras de traballo en rede para uso nas oficinas de emprego da Xunta de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG do 14 de xullo de 2015.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 140.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación: 140.000,00 €, máis 29.400 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 169.400,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 16.11.2015.

b) Data de formalización do contrato: 20.11.2015.

c) Contratista: Inforhouse, S.L.

d) Importe de adxudicación: 84.276,50 (IVE ao 21 % incluído).

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2015.

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia