Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 23 de decembro de 2015 Páx. 48045

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Betanzos

EDICTO (363/2014).

Eu, María Patiño Junquera, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Betanzos, polo presente, anuncio:

Neste procedemento ordinario seguido por instancia de Miguel Coo Coo e María Teresa Martínez Rey contra Xofexán Investimentos Galegos, S.L. se ditou sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

Resolvo que debo estimar e estimo substancialmente a demanda interposta pola representación procesual de Miguel Coo Coo e María Teresa Martínez Rey contra Xofexán Investimentos Galegos S.A. e, en consecuencia, declaro resolto o contrato de cesión de solo por obra futura celebrado entre as partes o día 23 de maio de 2007, e condeno a Xofexán Investimentos Galegos, S.L. a aterse a aquela declaración e a aboarlles aos demandantes a cantidade de 64.308,07 euros máis os xuros legais devindicados por aquela de acordo co disposto no fundamento de dereito cuarto desta resolución, así como as custas procesuais.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de apelación que se interporá ante este xulgado no prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da súa notificación para ser resolto pola Audiencia Provincial da Coruña. Para isto é necesario que se ingrese na Conta de depósitos e consignacións deste xulgado o depósito establecido pola Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro.

Así o acordo, mando e asino.

Encontrándose o dito demandado, Xofexán Investimentos Galegos, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Betanzos, 19 de outubro de 2015

A secretaria xudicial