Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 22 de decembro de 2015 Páx. 47854

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2015 pola que se nomea funcionaria de carreira das distintas escalas resultantes do proceso de funcionarización do persoal laboral fixo.

Vista a proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para o proceso de funcionarización do persoal laboral fixo da Universidade da Coruña, convocadas pola Resolución do 19 de xuño de 2015 (DOG do 1 de xullo).

Verificada a concorrencia nos aspirantes aprobados dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria, e de acordo co disposto no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia; no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia; na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril; no Decreto 166/2013, do 14 de novembro, polo que se modifica o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo; nos estatutos da Universidade da Coruña, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro, e da delegación de competencias operada pola Resolución reitoral do 16 de xaneiro de 2012, esta xerencia

RESOLVE:

Primeiro. Nomear funcionaria de carreira das distintas escalas da Universidade da Coruña a aspirante que superarou este proceso e que se relaciona no anexo.

Segundo. Para adquirir a condición de funcionario/a de carreira, a persoa que se relaciona deberá cumprir os requisitos exixidos no artigo 47 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo segundo o establecido no Decreto 166/2013 antes mencionado. O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que será o vindeiro 19 de xaneiro de 2016.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, de conformidade co establecido na Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, dentro do prazo de dous meses que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 15 de decembro de 2015

Juan Manuel Díaz Villoslada
Xerente da Universidade da Coruña

ANEXO

Escala técnica superior (subgrupo A1)

DNI

Apelidos e nome

34898901N

Seijas Ramos, Sonia María