Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 22 de decembro de 2015 Páx. 47852

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 10 de novembro de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, polo que se dá publicidade á Resolución do 10 de novembro de 2015 pola que se procede á corrección de erros da Resolución LD-01/2015, do 13 de xullo, pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de supervisor/a da Área de Recursos Humanos.

Primeiro. O 25 de agosto de 2015 publicouse no Diario Oficial de Galicia o Anuncio polo que se dá publicidade á Resolución LD-01/2015, do 13 de xullo, pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de supervisor/a de área (Recursos Humanos).

Segundo. Advertido un erro na Resolución LD-01/2015, do 13 de xullo, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 4, base cuarta (Requisitos para participar na convocatoria), número 1, onde di: «Ser persoal estatutario fixo licenciado sanitario»; debe dicir: 1.«Ser persoal estatutario fixo diplomado».

Por canto antecede, a Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol

RESOLVE:

Anunciar a publicación da convocatoria, agora xa corrixida, para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de supervisor/a da Área de Recursos Humanos da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

As bases da citada convocatoria estarán expostas no taboleiro de anuncios de Recursos Humanos, sito na planta baixa do Hospital Arquitecto Marcide e, así mesmo, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

As solicitudes e a documentación anexa que conteña a xustificación dos requisitos e méritos alegados deberán presentarse no Rexistro da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, dirixidas ao xerente de Xestión Integrada, no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da data da publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Ferrol, 10 de novembro de 2015

Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol