Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 22 de decembro de 2015 Páx. 47891

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 10 de decembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2010/0222-4.

Ao non seren atopados no enderezo coñecido por esta xefatura territorial os titulares da empresa que se indica a continuación, notifícase no Boletín Oficial del Estado, ao amparo dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, a fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia, ao ter entrada no Rexistro Único do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo a comunicación do auto de sobresemento ditado polo Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 3 do Porriño, ditado no procedemento núm. 820/2010, polo accidente laboral do traballador José Sobral Souto.

Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar o expediente nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido este prazo, procederase a ditar resolución.

Os documentos que constan nos expedientes son:

• Acta de infracción.

• Xustificante da notificación (23.6.2010).

• Escrito de alegacións (9.7.2010).

• Informe emitido pola Inspección de Traballo e Seguridade Social.

• Comunicación do auto xudicial.

Vigo, 10 de decembro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: RL 2010/0222-4.

Acta: I362010000057537.

Empresa: Piensos el Hórreo, S.A.

NIF/DNI: A-36021202.

Enderezo: Polígono Industrial As Gándaras, s/n, O Porriño.