Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 21 de decembro de 2015 Páx. 47605

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1228/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 1228/2012 por instancia de José Manuel Crespo García contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A. e a empresa Sabico Seguridad, S.A. (desistida) sobre cantidade, en que se ditou Sentenza con data do 9.11.2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolvo.

Estímase a demanda formulada por José Manuel Crespo García fronte ás empresas Esabe Vigilancia, S.A. e Sabico Seguridad, S.A. (desistida) e, en consecuencia:

–Condénase a empresa Esabe Vigilancia, S.A. a aboar ao demandante a cantidade de tres mil catrocentos doce euros con setenta e seis céntimos de euro (3.412,76 euros).

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Esabe Vigilancia, S.A. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 30 de novembro de 2015

O secretario xudicial