Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 21 de decembro de 2015 Páx. 47599

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4182/2014).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso suplicación 4182/2014-MJC

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 198/2012 Xulgado do Social número 3 de Vigo

M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 4182/2014 desta sala, seguido por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Sergas, Construcciones y Transformaciones Navales, S.A., Mutua de Accidentes de Trabajo Fraternidad-Muprespa, Fremap, mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, José Antonio Vilar Diz, sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola Mutua Gallega-Mutua de AT e EP nº 201, contra a sentenza do Xulgado do Social número 3 de Vigo, do 17 de marzo de 2014, en autos 198/2012, debemos confirmar e confirmamos a resolución de instancia.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste, para efectos de publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Construcciones y Transformaciones Navales, S.A., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que sexan auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 30 de novembro de 2015

A letrada da Administración de xustiza