Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 18 de decembro de 2015 Páx. 47405

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Enerxético de Galicia

ANUNCIO do 25 de novembro de 2015 polo que se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Boletín Oficial del Estado núm. 285, do 27 de novembro), despois dos intentos de notificación persoal previstos nesa mesma norma, mediante este anuncio emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia. A súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Os actos administrativos derivan do procedemento de axudas aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para proxectos de enerxías renovables (IN421A) cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Instituto Enerxético de Galicia situada na rúa Avelino Pousa Antelo, núm. 5 (San Lázaro), Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2015

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Código de solicitude

Interesado/a

Acto administrativo que se notifica

IN421A-15A399

Fernando Blanco Estévez

Resolución de aceptación de renuncia do beneficiario

IN421A-15X281

Guillermo Julián Regueiro González-Barros

Resolución de denegación de axuda

IN421A-15S178

S.C.R. Sociedad Liceo

Resolución de recurso de reposición

IN421A-15A314

Roberto Fernández López

Requerimento de emenda de defectos na xustificación

IN421A-15A283

Francisco Caamaño González

Requerimento de emenda de defectos na xustificación

IN421A-15X84

José Manuel Blanco Pérez

Requerimento da documentación xustificativa da axuda

IN421A-15A142

Juan Parada Brión

Requerimento da documentación xustificativa da axuda

IN421A-15X320

Paula Oliveira Ortega

Requerimento da documentación xustificativa da axuda