Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 18 de decembro de 2015 Páx. 47403

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato de obras de construción do acceso ao castelo de Monterrei, tramitado polo procedemento aberto, non harmonizado e documentalmente simplificado.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 25 de agosto de 2015.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obras.

b) Descrición: obras de construción do acceso ao castelo de Monterrei.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 463.360,01 €, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 23 de novembro de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 3 de decembro de 2015.

c) Adxudicatario: Copcisa, S.A.

d) Importe de adxudicación 328.197,90 €, IVE excluído (importe máximo de adxudicación).

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2015

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia