Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 18 de decembro de 2015 Páx. 47345

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2185/2015).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da sección número 1 da sala segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 2185/2015 desta sección, seguido por instancia de María Ángeles Durán López contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Galega de Accidentes de Traballo, Ibermutuamur Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais de SS nº 274, Dualca, S.L., Jorge Lago Lago sobre accidente, se ditou a seguinte resolución en data de hoxe:

O anterior escrito presentado en data do 23.11.2015 subscrito polo letrado Miguel Ángel Estévez Rosende, en nome e representación de Angeles Durán López, únase ao recurso da súa razón xunto coas súas copias.

Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala e emprácense as demais partes para que se comparezan por escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, achegando copias do dito escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da dita sala, debendo acreditar a representación da parte de non constar previamente nas actuacións.

Emprácese a Dualca, S.L., por medio de edicto no Diario Oficial de Galicia.

Conforme o exposto no escrito presentado, expídase e únase testemuño das sentenza firme de contraste alegada polo recorrente ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no RSU 47/05 de data 26.1.2008.

Verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao xulgado do Social número 1 de Vigo que a resolución desta sala foi impugnada en casación para unificación de doutrina.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Acórdoo e asínoo. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Dualca, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de novembro de 2015

A letrada da Administración de xustiza