Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx. 47209

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

ANUNCIO do 10 de decembro de 2015 polo que se dá publicidade á resolución da mesma data pola cal se convoca concurso público para a contratación de persoal docente e investigador contratado.

De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13), en adiante LOU, no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario, no II Convenio colectivo para o persoal docente e investigador das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo e polo establecido nos estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo Decreto 7/2010, do 14 de xaneiro (DOG do 2 de febreiro), da Xunta de Galicia, esta reitoría, no uso das competencias recoñecidas pola LOU, logo da autorización conxunta da Secretaría Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos, resolve proceder ao anuncio das convocatorias de concurso público na seguinte categoría:

LA1502. Listas de agarda (ver anexo)

A información completa (bases das convocatorias, modelo de solicitude, etc.) pode consultarse no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral da Universidade (Edificio Xerencia-Servizos Centrais, Campus Universitario-Vigo) e nos rexistros auxiliares dos campus de Ourense (Edificio Administrativo, Campus Universitario As Lagoas), Pontevedra (Escola de Enxeñaría Forestal, Campus Universitario A Xunqueira) e Vigo (Escola de Enxeñaría Industrial, r/ Torrecedeira, 86), así como na páxina electrónica http://persoal.uvigo.es/, Servizo de Persoal Docente e Investigador, premendo en «emprego», «convocatorias de concurso». Para outra información e aclaración de dúbidas poden dirixirse aos teléfonos 986 81 37 65 (Servizo de Persoal Docente e Investigador) e 986 81 36 00 (Negociado de Información).

O prazo de presentación de solicitudes é de dez (10) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, que se deben dirixir ao reitor no modelo oficial, obrigatoriamente acompañadas dos documentos acreditativos previstos en cada convocatoria.

Vigo, 10 de decembro de 2015

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Listas de agarda

Código do concurso: LA1502.

Referencia: LA1502-X13-140-CI-01.

Área: 140 Dereito do Traballo e da Seguridade Social.

Departamento: X13 Dereito Público Especial.

Categoría: profesorado contratado interino.

Titulación: licenciatura, enxeñaría, arquitectura, grao.

Perfil: docencia en materias da área.

Baremo: A.

Observacións: autorizacións EV09/15, EV10/15, EV11/15.