Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx. 47226

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 196/2015).

Execución de títulos xudiciais (ETX) 196/2015

Procedemento de orixe: procedemento ordinario 146/2014

Sobre: ordinario

Demandante: Laura Cereijo Míguez

Graduada social: Matilde Mallo Nieves

Demandadas: Limpiezas El Polígono, S.L., Áncora Hispania, S.L.

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 196/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Laura Cereijo Míguez contra a empresa Limpiezas El Polígono, S.L. e Áncora Hispania, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou decreto con data 26 de novembro de 2015, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva:

Acordo:

– Transferir á conta que facilita Áncora Hispania, S.L. a suma de 14,27 euros en concepto de sobrante.

– Ter por rematado o presente procedemento de execución seguido por instancia de Laura Cereijo Míguez fronte a Limpiezas El Polígono, S.L., Áncora Hispania, S.L.

– Levar o orixinal ao libro de decretos, deixando testemuño nas actuacións.

– Arquivar o presente procedemento e dalo de baixa nos libros correspondentes.

Notifíqueselles ás partes e a Limpiezas El Polígono, S.L. por medio de edictos no DOG, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co Tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interporse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Santander, conta número 5076 0000 64 0196 15. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta 5076 0000 64 0196 15. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A secretaria xudicial».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que lle sirva de notificación a Limpiezas El Polígono, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2015

A secretaria xudicial