Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 16 de decembro de 2015 Páx. 47114

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ferrol (expediente IN407A 2015/018-1).

Nº de expediente: IN407A 2015/018-1.

Promotora: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMTS, CTC e RBT Covarradeiras e anexo I.

Concello: Ferrol.

Feitos:

1. O 20 de xaneiro de 2015 Unión Fenosa Distribución, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a súa inserción no DOG núm. 65, do 8 de abril de 2015, no BOP núm. 55, do 24 de marzo de 2015, no diario La Voz de Galicia o 6 de abril de 2015 e no taboleiro de anuncios do Concello de Ferrol, segundo dilixencia municipal do 14 de abril de 2015.

3. O 14 de outubro de 2015 a empresa promotora comunicou a esta xefatura territorial que desistía do trámite de declaración de utilidade pública, dado que chegou a un acordo amigable co único propietario que figuraba na relación de bens e dereitos afectados.

4. Non constan neste expediente alegacións.

5. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, se é o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. O promotor manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

6. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. As características técnicas da instalación son as seguintes:

• LMT subterránea a CT Covarradeiras, a 15/20 kV cunha lonxitude de 484 m, coa orixe en paso aerosubterráneo proxectado que se vai realizar no apoio nº 99 existente da LMT SMR-723, tramo entre derivada a CT Cocheras (expediente 7.306) e derivada a CCTT Covas Aldea (expediente 7.306) e Barreiro (expediente 52.288), condutor tipo RHZ1 2OL-12/20 kV 1×240 Al e final no CT Covarradeiras (proxectado).

• CT prefabricado Covarradeiras, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

O orzamento da instalación segundo proxecto é de 105.547,54 €.

7. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado, resolvo:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción a dita instalación eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar perante esta xefatura territorial unha solicitude á cal se xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do director da montaxe no cal se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así coma das regulamentacións e normas oportunas, na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e o ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 100, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 18 de novembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña