Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 16 de decembro de 2015 Páx. 47127

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 27 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia.

De conformidade co disposto nos artigos 58, 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal, emprázase a persoa interesada identificada no anexo para ser notificada por comparecencia.

A resolución obxecto de notificación ditouna a xefa territorial de Ourense.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Ourense, entre as 9.00 e ás 14.00 horas, de luns a venres.

A citada xefatura territorial ten a súa sede en Ourense; rúa Concello, número 11, 7º andar.

Transcorrido o dito prazo sen que se produza a comparecencia, a notificación entenderase efectuada a partir do día seguinte ao último día do prazo fixado.

Ourense, 27 de novembro de 2015

Mª Mercedes Gallego Esperanza
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Persoa interesada: Lucas Darrosa Taboada.

Asunto: recurso de alzada contra a cualificación do módulo Proxecto de xestión de aloxamento turístico do ciclo formativo de grao superior Xestión de Aloxamentos Turísticos.

Acto notificado: resolución de recurso de alzada.