Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 16 de decembro de 2015 Páx. 47094

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (284/2015).

Execución de títulos xudiciais 284/2015

Procedemento orixe: procedemento ordinario 452/2014

Sobre ordinario

Demandante: María Luisa Piñeiro Pardiñas

Avogada: Raquel Barreiro Vilas

Demandada: Archidoc, S.L.

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 284/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Luisa Piñeiro Pardiñas contra a empresa Archidoc, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditaron auto do 23 de novembro de 2015 e decreto do 25 de novembro de 2015, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva:

Dispoño despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, María Luisa Piñeiro Pardiñas, contra Archidoc, S.L., parte executada, por importe de 2.107,99 euros de principal máis 262,93 euros de xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET) máis 237,09 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Este auto, xunto co decreto que ditará o/a secretario/a xudicial, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da Lei de axuizamento civil (LAC), e a executada quedará apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS).

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición que se interporá ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que poida incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaezan con posterioridade á constitución do título; a compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para impugnar, na conta de consignacións do Xulgado do Social número 3 aberta en Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0284 15. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberase ingresar na conta número 000493569920005001274 e no campo Concepto deberá indicar o número de conta 5076 0000 64 0284 15. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/A maxistrado/a xuíz/a            O/A secretario/a xudicial».

E a parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva:

Para dar efectividade á orde xeral de execución, acordou o embargo dos seguintes bens:

– Devolucións tributarias que a AEAT teña pendentes de devolver á parte executada. Para tal efecto, realícese a petición de cargo por requirimento xudicial a través da conta de consignacións xudiciais.

– Saldos das contas bancarias que segundo os datos existentes na aplicación informática posúa ao seu favor a entidade executada, en canto sexan suficientes para cubrir a suma das cantidades reclamadas, o que se levará a efecto a través da conta de consignacións xudiciais.

– Póñase en coñecemento do Rexistro Público Concursal o ditado do Auto do 23 de novembro de 2015 polo que se despacha execución, con expresa especificación do número de identificación fiscal do debedor contra o cal se despachou execución (artigo 551.3, punto final).

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do artigo 53.2 da Lei reguladora de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións tentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

– A conta de consignacións do órgano xudicial para efectos de pagamento será a seguinte: conta número 5076 0000 64 0284 15, na cal se deberá indicar, no campo Concepto, de pagamento.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para interpor recurso, na conta de consignacións do Xulgado do Social número 3 aberta en Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0284 15. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberase ingresar na conta número 000493569920005001274 e no campo Concepto deberá indicar o número de conta 5076 0000 64 0284 15. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo Observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/A secretario/a xudicial».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

Para que sirva de notificación a Archidoc, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2015

A secretaria xudicial