1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.
a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Vigo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.
2º. Domicilio: avenida das Camelias, nº 109.
3º. Localidade e código postal: 36211 Vigo.
4º. Teléfono: 986 21 92 33/38.
5º. Telefax: 986 21 91 50.
6º. Correo electrónico: chuvi.contratacion.administrativa@sergas.es
7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es
8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: arrendamento.
b) Descrición: arrendamento, sen opción de compra, de oito vehículos.
c) División por lotes e número de lotes: non.
d) Lugar de execución/entrega: o que se especifique no prego de cláusulas administrativas.
e) Prazo de execución/entrega: o que se especifique no prego de cláusulas administrativas.
f) Admisión de prórroga: si.
g) CPV: 34100000-8.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Poxa electrónica: non.
d) Criterios de adxudicación, se for o caso: oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os seguintes criterios:
Concepto |
Puntuación |
Oferta económica |
55 puntos |
Oferta técnica |
20 puntos |
Revisións preventivas |
15 puntos |
Consumo |
5 puntos |
Emisión de gases |
5 puntos |
4. Valor estimado do contrato: 82.620 €.
5. Orzamento base de licitación.
a) Importe neto: 55.080 €, IVE (21 %): 11.566,80 €. Importe total: 66.646,80 €.
6. Garantías exixidas.
Provisional: non.
Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: non se exixe.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: ver pregos de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite da presentación: as ofertas pódense presentar en man antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.
Se o último día de presentación de solicitudes coincidir en sábado ou día inhábil, na localidade da entidade adxudicadora, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.
b) Modalidade de presentación: ver pregos de cláusulas administrativas.
c) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Rexistro do Hospital Nicolás Peña.
2º. Domicilio: avenida das Camelias, nº 109.
3º. Localidade e código postal: Vigo 36211.
4º. Enderezo electrónico: chuvi.contratacion.administrativa@sergas.es
d) Admisión de variantes: non.
e) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura das proposicións.
9. Apertura das ofertas.
a) Descrición: mesas de apertura dos sobres B e C.
b) Enderezo: sala de xuntas do Hospital Nicolás Peña, avenida das Camelias, nº 109.
c) Localidade e código postal: Vigo 36211.
d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios do órgano de contratación.
10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario. Ver cláusula 3.4 do prego de cláusulas administrativas.
Vigo, 10 de novembro de 2015
Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Xestión Integrada de Vigo