Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 16 de decembro de 2015 Páx. 47167

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por María José Villanueva Silva.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra tramítase o recurso 300/2015 (procedemento abreviado), interposto por María José Villanueva Silva, contra a Resolución do 7 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se desestima o recurso de alzada formulado contra o acordo do tribunal que xulgou o proceso selectivo para o ingreso mediante concurso-oposición coa categoría de facultativo especialista na área de oncoloxía médica do Servizo Galego de Saúde, contra a Resolución do 22 de maio de 2015 pola que a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pública a relación de aspirantes definitivamente seleccionados no concurso oposición para o ingreso como facultativo da especialidade de oncoloxía médica e contra a Resolución do 27 de xullo de 2015 pola que se desestimou o recurso de reposición formulado contra a lista definitiva de aspirantes seleccionados.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de cinco días, de conformidade co previsto no artigo 116.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2015

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos