Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 15 de decembro de 2015 Páx. 46998

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 23 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública unha notificación de resolución de expediente tramitado por esta entidade.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 do novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a continuación se indica a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a dita notificación no último domicilio que consta no expediente que figura nesta xefatura territorial.

O interesado poderá interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, sen necesidade de reclamación administrativa previa de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

O correspondente expediente está no Servizo de Familia e Menores da Xefatura Territorial en Vigo, da Consellería de Política Social, rúa Concepción Areal, 8, 1º andar, 36201 Vigo, onde a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, para efectos de coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a vernes laborais e en horario das 9.00 ás 14.00 horas.

Vigo, 23 de novembro de 2015

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº expediente: 2014/131-5.

Interesada: Sofía Docampo Copette.

Enderezo: descoñecido.

Asunto: notificación de resolución administrativa do 30 de outubro do 2015.