Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 15 de decembro de 2015 Páx. 46978

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Narón (expediente IN407A 2015/235-1).

Expediente: IN407A 2015/235-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: nova liña cero subestación Cornido-CR Concepción Arenal.

Concello: Narón.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea subestación Cornide-CR Concepción Arenal a 15 kV, cunha lonxitude de 3,969 km, con orixe na cela de liña existente na subestación Cornide e final na cela de liña existente no CR Concepción Arenal en condutor RHZ1-2OL (S)-12/20 kV, 3 (1×240) Al para a saída da subestación e en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV, 3 (1×240) Al para o resto do trazado.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 18 de novembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña