Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 15 de decembro de 2015 Páx. 46977

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Gondomar e Vigo (expediente IN407A 2015/201-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Borgwarner Emissions Systems Spain, S.L.

Domicilio social: estrada Zamáns, nº 20, 36310 Vigo.

Denominación: LMTS, CS en estrada de Zamáns, 8.

Situación: Gondomar e Vigo.

Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV con condutor RHZ1 de 140 metros de lonxitude, con orixe no apoio 136-8-2 da liña VAA705 (Gondomar) e final no CS proxectado. Centro de seccionamento subterráneo, situado na estrada de Zamáns, nº 8, Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 9 de novembro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra