Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 14 de decembro de 2015 Páx. 46784

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1144/2014).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1144/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Amaya Fernández Camiño, Rebeca Centeno Ramos, María José Alves Rodríguez, Isabel Rey Rodríguez, María Luisa Mareque Domato e Salomé Pardo Gómez contra Telecomunicaciones Bergantiños, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, ditouse a seguinte resolución:

Que debo rectificar a sentenza ditada nas presentes actuacións o pasado día 27 de outubro de 2015, en canto á súa resolución, manténdose integramente no restante, que queda redactada do seguinte modo:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Amaya Fernández Camiño, Rebeca Centeno Ramos, María José Alves Rodríguez, Isabel Rey Rodríguez, María Luisa Mareque Domato e Salomé Pardo Gómez, contra a entidade Telecomunicaciones Bergantiños, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Telecomunicaciones Bergantiños, S.L. a que aboe ás demandantes que a continuación se dirán:

Salomé Pardo Gómez, a cantidade de 2.649,52 euros brutos por diferenzas salariais devindicadas entre e xullo de 2014, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais, e 6.530 euros correspondentes á indemnización por despedimento obxectivo...».

Notifíquese esta resolución ás partes, advertindo que contra ela non cabe interpoñer ningún recurso distinto do recurso de suplicación que, se é o caso, se formule contra a sentenza, cuxo prazo de anuncio computará desde a notificación da presente resolución.

Así, por este auto, mándoo e asínoo, a maxistrada-xuíza Pilar Carreira Vidal. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Telecomunicaciones Bergantiños, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de novembro de 2015

A secretaria xudicial