Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 11 de decembro de 2015 Páx. 46612

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

ANUNCIO do 25 de novembro de 2015 polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia na resolución do procedemento sancionador de taxa láctea STL 11/2015.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, segundo a cal esta notificación ten que ser feita no BOE e a súa data de publicación será a que determina a eficacia do acto notificado.

Notifícaselle á interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do procedemento sancionador taxa láctea STL 11/2015, quen poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación da resolución entenderase producida desde o día seguinte á data da súa finalización.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2015

(Resolución do 9.11.2015)
Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

Expediente: STL 11/2015.

Interesada: Lácteos Ortegal, S.L.

CIF: ****48901.

Acto de notificación: resolución do procedemento sancionador taxa láctea.

Último enderezo coñecido: polígono Industrial, sect. CC1, parcela U55, nave 1, 27150 Outeiro de Rei, Lugo.