En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Secretaría Xeral para o Deporte.
b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Xestión Deportiva.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23253.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: contrato administrativo de obras.
b) Descrición do obxecto: servizo de redacción dos proxectos das obras de reforma do complexo de atletismo de Balaídos en Vigo.
c) Medio e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia (DOG) núm.160, do 24 de agosto de 2015.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.
b) Procedemento: aberto, non suxeito a regulación harmonizada, multicriterio.
4. Valor estimado: 40.414,15 €.
5. Orzamento base de licitación:
Importe neto: 40.414,15 €. IVE (21 %): 8.486,97 €. Importe total: 48.901,12 €.
6. Adxudicación e formalización dos contratos:
a) Data da resolución da adxudicación: 11 de novembro de 2015.
b) Adxudicataria: Javier Franco y Vicente Pintos Arquitectos, S.L.P.
c) Importe: 36.784,00 € (IVE incluído 21 %).
d) Data de formalización do contrato: 17 de novembro de 2015.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta economicamente máis vantaxosa das presentadas, non considerada anormal ou desproporcionada.
Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2015
José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte