Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 11 de decembro de 2015 Páx. 46524

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2015, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a formalización do contrato das obras de reforma e adaptación de espazos para aloxar as oficinas e dependencias das federacións deportivas no estadio do Couto en Ourense (expediente 3/2015).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Secretaría Xeral para o Deporte.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Xestión Deportiva.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22785

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de obras.

b) Descrición do obxecto: obras de reforma e adaptación de espazos para aloxar as oficinas e dependencias das federacións deportivas no estadio do Couto en Ourense.

c) Medio e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia (DOG) núm. 115, do 19 de xuño de 2015.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, non suxeito a regulación harmonizada, multicriterio.

4. Valor estimado: 135.128,43 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 135.128,43 €, IVE (21 %): 28.376,97 €, importe total: 163.505,40 €.

6. Adxudicación e formalización dos contratos:

a) Data da resolución de adxudicación: 18 de setembro de 2015.

b) Adxudicataria: Construcciones Delfín Ferreiro Rodríguez, S.L.

c) Importe: 133.600,26 € (IVE incluído, 21 %).

d) Data de formalización do contrato: 9 de outubro de 2015.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta economicamente máis vantaxosa das presentadas, non considerada anormal ou desproporcionada.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2015

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte