Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 10 de decembro de 2015 Páx. 46352

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Arteixo (expediente IN407A 2015/201-1).

Nº de expediente: IN407A 2015/201-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: retranqueo LMT GRN-708, r/ Brasil.

Concello: Arteixo.

Características técnicas:

Adecuación liña eléctrica de media tensión aérea GRN-708 entre apoios nº 16 e nº 18, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,315 km, coa orixe en apoio nº 16 proxectado que substitúe o existente da LMT GRN-708, no tramo entre a derivada ao CT A Revolta (expediente 26.783), e outros CT particulares e a derivada aos CT particulares Readmix Asland e Afernosa, condutor tipo LA-180 mm2, e final no apoio nº 18 existente da LMT GRN-708, no tramo entre a derivada aos CT particulares Readmix Asland e Afernosa e o CT encoro Meicende (expediente 27.537).

Adecuación da liña eléctrica de media tension aérea GRN-708 derivada a CT Readmix Asland, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,017 km, coa orixe en apoio nº 17 proxectado que substitúe o existente da LMT GRN-708, onde se realizan as derivacións aos CT particulares Readmix Asland e Afernosa, condutor tipo LA-56 mm2, e final no apoio existente da LMT GRN-708, que sustenta o CT particular Readmix Asland.

Adecuación da liña eléctrica de media tensión aérea GRN-708 derivada a CT Afernosa, a 15 KV, cunha lonxitude de 0,045 km, coa orixe en apoio nº 17 proxectado que substitúe o existente da LMT GRN-708, onde se realizan as derivacións aos CT particulares Readmix Asland e Afernosa, condutor tipo LA-56 mm2 e final no apoio nº 17/1 existente da LMT GRN-708, onde se realiza o paso de aéreo a subterránea da LMT ao CT particular Afernosa.

Lexislación de aplicación:

Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 16, do 19 de xaneiro e BOE nº 30, do 4 de febreiro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figuran no anexo que acompaña a esta resolución.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte (20) días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 16 de novembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2015/201-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: retranqueo LMT GRN-708, r/ Brasil.

Concello: Arteixo.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Nº de predio

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Apoio

m2

1

Meicende

Descoñecido

16

2.0

7

Meicende

Descoñecido

17

2.0