Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 9 de decembro de 2015 Páx. 46145

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (593/2013).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 593/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María José Pardo Lata contra o Fogasa e Actividades Puntuales, S.L., sobre ordinario, ditouse resolución o 11.11.2015 contra a que non cabe recurso. Faise saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Actividades Puntuales, S.L., expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de novembro de 2015

O letrado da Administración de xustiza