Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 9 de decembro de 2015 Páx. 46204

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 19 de novembro de 2015 de emprazamento para trámite de audiencia no expediente PON/42/2013-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultar a interesada ausente na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o emprazamento para trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/42/2013-RP1, á Asociación Veciñal de San Martiño de Vilar de Infesta, en relación coas obras consistentes na instalación de dous contedores, caseta e terraza no lugar de Camiño dos Navarros, barrio da Igrexa, Vilar de Infesta, no termo municipal de Redondela, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo á interesada, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada o dito acordo por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

O expediente relacionado atópase á súa disposición na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada disporá dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación no Boletín Oficial del Estado, para presentar alegacións e os documentos e xustificacións que considere pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da dita Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística