Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 9 de decembro de 2015 Páx. 46205

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo, non suxeito a regulación harmonizada, de información turística nas accións promocionais realizadas por esta axencia, licitado polo procedemento aberto, con pluralidade de criterios e documentalmente simplificado.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 14 de xullo de 2015.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: información turística das accións promocionais nas que a Axencia Turismo de Galicia participe durante 2016. Os ámbitos xeográficos nos que se ten previsto levar a cabo accións promocionais son: Galicia, resto de España, Europa, Estados Unidos e Canadá, Centro América e Sudamérica e Asia.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación:

Importe sen IVE: 125.000,00 €.

IVE (21%): 26.250,00 €.

Importe total (IVE incluído): 151.250,00 €.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 27 de outubro de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 20 de novembro de 2015.

c) Adxudicatario: Manuel Lage Gómez.

d) Importe máximo de adxudicación (con base en prezos unitarios): importe sen IVE: 125.000,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2015

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia