Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 9 de decembro de 2015 Páx. 46195

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 16 de novembro de 2015 pola que se autoriza a transmisión inter vivos do permiso de actividade e concesión administrativa do establecemento de cultivos mariños Gonzalo Cortés Sánchez, titularidade de Clara María Cortés Rebollido.

Unha vez revisado o expediente instruído para os efectos de transmisión do establecemento que se cita a continuación e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes.

1. O día 15.9.2015 Clara María Cortés Rebollido, 52452582-R, inicia un expediente de transmisión da titularidade do parque de cultivo sito en Praia da Ladeira do Chazo, concello de Boiro, A Coruña.

2. As características actuais da instalación son:

Tipo: parque de cultivo.

Data de outorgamento: Orde do 29 de abril de 1988 (DOG nº 104, do 1 de xuño).

Remate da vixencia: 31.3.2018.

Superficie de dominio privado: 687,40 m2.

Superficie de dominio público: 75 m2.

Especies: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis pullastra), ameixa xapónica (Ruditapes phillipinarum), berberecho (Cerastoderma edulis), berberecho birollo (Cerastoderma glaucum) e ostra plana (Ostrea edulis).

Titular: Clara María Cortés Rebollido (52452582-R).

3. Segundo a documentación presentada, o adquirinte é a empresa Mariscos Camino, S.L. con NIF B-70096060 e domicilio no lugar de Esteiro, Castro, 113, concello de Boiro, cuxo obxecto social é, entre outros, a explotación de parques de cultivo e outros artefactos mariños e comercialización de moluscos.

4. A solicitante presenta a seguinte documentación:

– Copia da escritura notarial de constitución da sociedade de responsabilidade limitada Mariscos Camino, S.L. e os seus estatutos.

– Memoria técnica para o parque de cultivo situado na Ladeira do Chazo, de agosto de 2015, que presenta os estudos básicos técnicos e económicos que garanten unha explotación eficaz do parque.

b) Consideracións legais e técnicas:

1. Este órgano é competente para autorizar a transmisión, de conformidade coa Lei 6/2009, do 11 de decembro, de modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro, e coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

3. É de aplicación a Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca marítima de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro.

4. O artigo 54 da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca marítima de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, establece que é «necesaria para a súa transmisión a autorización previa da consellería competente en materia de acuicultura e mais a comprobación de que a nova persoa titular cumpre os requisitos contidos nesta lei».

Vistas as disposicións citadas, a Consellería do Mar resolve:

Outorgar a autorización para a transmisión do parque de cultivo descrito no punto segundo dos antecedentes, baixo as seguintes condicións e características:

1. A actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

2. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

3. A nova titular da concesión queda subrogada nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

4. Unha vez tramitada a transmisión, a participación na titularidade queda:

– Mariscos Camino, S.L. con CIF B-70096060, cunha participación do 100 %.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

A Coruña, 16 de novembro de 2015

P.D. (Resolución do 12.4.2012)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe de Coordinación da Área do Mar na Coruña