Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 7 de decembro de 2015 Páx. 46024

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2015, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, pola que se somete a trámite de información pública o expediente de ampliación de tráficos (Novo Hospital de Vigo en Beade) do contrato de servizo público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-2431; XG-232, Mos-Vigo, con anexos, de Autocares Lucho, S.L., iniciado por instancia da Administración.

Ao abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse, por instancia da Administración, o expediente de ampliación de tráficos (Novo Hospital de Vigo en Beade) do contrato de servizo público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-2431; XG-232, Mos-Vigo, con anexos, de Autocares Lucho, S.L.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tras o exame da documentación pertinente no Servizo de Mobilidade de Pontevedra (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, avda. Fernández Ladreda, nº 43-1º andar), efectuar as alegacións que coiden oportunas no prazo de quince días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Dentro dese mesmo prazo poderase acceder á documentación en soporte electrónico mediante a súa solicitude no enderezo: mobilidade.pontevedra@xunta.es .

Pontevedra, 28 de outubro de 2015

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra