Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 7 de decembro de 2015 Páx. 46025

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2015, do tribunal designado para cualificar as probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril, pola que se publican as relacións definitivas de aptos e non aptos.

Publicadas o 10 de novembro de 2015 as relacións provisorias de aptos e non aptos correspondentes ás probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril, convocadas mediante Resolución do 2 de xuño de 2015, da Dirección Xeral de Mobilidade (Diario Oficial de Galicia núm. 113, do 17 de xullo), e unha vez transcorrido o prazo de presentación de reclamacións, o tribunal designado para cualificar as ditas probas

ACORDA:

Primeiro. Publicar as relacións definitivas de aptos e non aptos.

Segundo. Expoñer as ditas relacións nos lugares establecidos para o efecto na resolución da convocatoria.

Terceiro. Remitir á Dirección Xeral de Mobilidade a relación definitiva de aprobados; todo isto coa finalidade de que, tras o aboamento das taxas legalmente establecidas, se proceda á expedición dos correspondentes certificados de conselleiros de seguridade.

Cuarto. Publicar este acordo no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Transcorridos tres meses desde a presentación do referido recurso sen que se notifique a súa resolución, entenderase desestimado e quedará expedita a vía procedente.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2015

Mercedes López Caneda
Presidenta do tribunal