Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 3 de decembro de 2015 Páx. 45547

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (355/2015-4).

JVB xuízo verbal 355/2015-4

Procedemento orixe: /

Sobre outras materias

Demandante: Moisés Terrés Pérez

Procuradora: Nuria Romero Rañó

Avogado: Jorge Manuel Martínez Tojo

Demandada: Eficiencia Global Renovables, S.L. Globalrenov

No procedemento de referencia foi ditada a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza.

En Santiago de Compostela o 28 de setembro de 2015.

Vistos por M. de Luna Taboada Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 desta cidade, os presentes autos de xuízo verbal nº 355/2015-4, seguidos por instancia de Moisés Terrés Pérez, representado pola Sra. Romero Rañó, baixo a asistencia letrada do Sr. Martínez Tojo, contra Eficiencia Global Renovables, S.L. Globalrenov, en situación de rebeldía procesual.

Decido:

Estimar a demanda presentada pola procuradora Sra. Romero Rañó no nome e representación invocada e, en consecuencia, condénase Eficacia Global Renovables, S.L. Globalrenov a pagar ao demandante a cantidade de catro mil douscentos sesenta e un euros e cinco céntimos (4.261,05 €) máis os xuros legais, así como ao pagamento das custas.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de apelación que, se é o caso, se deberá interpor ante este mesmo xulgado dentro dos vinte días seguintes a aquel en que se notifique esta resolución. Para a interposición do devandito recurso é necesaria a constitución de depósito na conta de depósitos e consignacións do xulgado, de acordo co establecido na disposición adicional décimo quinta da LOPX e polo importe de 50 €, o que deberá ser acreditado cando se presente o recurso.

Así o acorda, manda e asina, M. de Luna Taboada Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Eficiencia Global Renovables S.L. Globalrenov, esténdese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2015

A secretaria xudicial