Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 2 de decembro de 2015 Páx. 45371

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2015 pola que se publica o plan de estudos de máster universitario en Avogacía.

Logo de obter a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo de informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia para a súa implantación, e establecido o carácter oficial do título polo Acordo do Consello de Ministros do 8 de marzo de 2013 (publicado no BOE do 23 de abril por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 2 de abril), esta Reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007,

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Avogacía pola Universidade da Coruña, que se estrutura segundo consta no anexo.

A Coruña, 20 de novembro de 2015

Xosé Luís Armesto Barbeito
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO

Plan de estudios conducente á obtención do título de máster universitario
en Avogacía pola Universidade da Coruña

Estrutura das ensinanzas (Real decreto 1393/2007, anexo I, letra 5.1):

1. Rama de coñecemento á que se adscribe o título: Ciencias Sociais e Xurídicas.

2. Distribución do plan de estudos en créditos ECTS, por tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias (OB)……..….………...………..……

Optativas………………….……………….………

Prácticas externas (PE).....………..……….……

Traballo fin de máster (TFM)..……………......…

Créditos totais……....…………………...........….

54

0

30

6

90

3. Contido do plan de estudos.

Materia

Créditos ECTS

Carácter

Organización temporal

Curso

Deontoloxía e Técnicas Transversais

6

OB

1º cuadrimestre

Técnicas Instrumentais

3

OB

Práctica Procesual Civil

6

OB

Práctica Substantiva Civil I

3

OB

Práctica Procesual e Substantiva Laboral

6

OB

Práctica Administrativa

6

OB

Práctica Procesual Penal

6

OB

2º cuadrimestre

Práctica Substantiva Penal

4,5

OB

Práctica Substantiva Civil II

4,5

OB

Prácticas Externas I

15

PE

Práctica Mercantil

4,5

OB

1º cuadrimestre

Práctica Tributaria

4,5

OB

Prácticas Externas II

15

PE

Traballo fin de máster

6

TFM

4. Condicións de terminación.

O alumnado deberá superar 90 créditos ECTS, distribuídos como se indica no punto 2, para obter o título de máster universitario en Avogacía