Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 2 de decembro de 2015 Páx. 45369

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Calidade Alimentaria

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2015 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro e segundo cuadrimestres do ano 2015.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia núm. 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

RESOLVO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego da Calidade Alimentaria no primeiro e segundo cuadrimestre do ano 2015 que se incorporan como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2015

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director do Instituto Galego da Calidade Alimentaria

ANEXO

Asinantes e obxecto

Asinado

Achega
do Ingacal

Fundación Juana de Vega e Ingacal: convenio de colaboración para o desenvolvemento do proxecto de implantación de mouteiras selectas melloradas de carballo (Quercus Robur) en terreo de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia

1.3.2015

Sen achega económica

Fundación Empresa-Universidade Gallega (Feuga)-Instituto das Ciencias e da Vide e do Viño (ICV)-Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC)-Fundación General de la Universidad de La Rioja (FUR) e o Ingacal: Convenio Vitis Europa para reforzar as estruturas de apoio á participación española en iniciativas europeas en ciencia e tecnoloxía, en especial, no Programa marco de investigación e innovación Horizonte 2020

13.4.2015

Sen achega económica

Centro de Investigación CITA Aragón e o Ingacal: acordo de transferencia de material (MTA) de recursos fitoxenéticos para a alimentación e a agricultura

14.4.2015

Sen achega económica

Instituto de Ciencias da Agricultura-Universidade de Zurich (Switzerland)-Ingacal: acordo de transferencia de material (MTA) de recursos fitoxenéticos para a alimentación e a agricultura

29.5.2015

Sen achega económica

Instituto Agronómico da Terra e da Vida-Universidade C. Lovaina (Belgium)-Ingacal: acordo de transferencia de material (MTA) de recursos fitoxenéticos para a alimentación e a agricultura

29.5.2015

Sen achega económica

Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia (BUGalicia)-Ingacal: xestión conxunta de recursos electrónicos de información científica e establecemento das condicións polas que se rexerá a colaboración entre BUGalicia e o Instituto Galego de Calidade Alimentaria na xestión e na posta a disposición dun amplo abano de recursos de información científica en liña, que resultan básicas para o desenvolvemento do traballo científico, mediante unha xestión centralizada de recursos electrónicos de interese científico

14.7.2015

29.989,32 €