Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 2 de decembro de 2015 Páx. 45415

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2015/63-2, 8257 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Amalia Mazoy Rodríguez.

Domicilio social: rúa Noreas, 32-2º D, Lugo.

Denominación: LAT, CT e RBT Granxa Locay.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

– Liña aérea de alta tensión con orixe no apoio P-68 da liña de alta tensión Aguas e final no centro de transformación intemperie proxectado, cunha lonxitude de 63 metros en condutor LA-30.

– Centro de transformación intemperie Granxa Locay, cunha potencia proxectada de 50 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

– Rede de baixa tensión de enlace coa rede de baixa tensión existente, con orixe no centro de transformación intemperie proxectado e final na rede de baixa tensión existente, cunha lonxitude de 57 metros en condutor RZ-50.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 11 de novembro de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo