Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 2 de decembro de 2015 Páx. 45417

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Burela (expediente IN407A 2015/72-2, 8267 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310) do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: polígono empresarial As Gándaras, Rúa A, parcela U2, Lugo.

Denominación: reforma do centro de transformación Álvaro Cunqueiro (CD 299).

Situación: concello de Burela.

Características técnicas:

Obra civil: consistente en eliminar un tabique e revocado e enlucido de paramentos e teito.

Obra eléctrica: consistente na instalación dun novo transformador de 630 kVA. Instalación de dúas celas de liña e unha de protección. Instalación dun cadro de baixa tensión e a súa ampliación. Instalación dun concentrador. Realizar novas pontes entre o centro de transformación e o cadro de baixa tensión. Instalación de tres puntos de luz normalizados e instalación dun sistema de ventilación forzada.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte (20) días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 12 de novembro de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo