Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 2 de decembro de 2015 Páx. 45356

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2015, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se modifica a composición da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, designada por Resolución do 2 de xullo de 2014.

A Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, instrumento de protección e defensa das partes que interveñen na actividade de transporte, creouse, no marco da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, por Orde da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas do 9 de outubro de 1991 (Diario Oficial de Galicia número 232, do 23 de outubro). A súa actual composición vén determinada pola Resolución desta dirección xeral do 2 de xullo de 2014 pola que se nomean os membros da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia (Diario Oficial de Galicia número 132, do 14 de xullo).

O 18 de novembro de 2015, aprobouse o Decreto 165/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, que modifica a estrutura interna da Dirección Xeral de Mobilidade e, en consecuencia, afecta o servizo a que queda adscrita a secretaría da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia. Por mor destes cambios, faise necesaria unha revisión da composición do órgano arbitral no tocante aos membros deste organismo que representan a Administración. Este cambio afecta, incidentalmente, as vogalías e a propia presidencia desde órgano.

Por tanto, a pesar de que a modificación afecta unicamente os membros do órgano arbitral que representan a Administración, motivos de claridade aconsellan reproducir nesta resolución a súa composición completa.

De conformidade co exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Nomear membros titulares e suplentes da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia as persoas que a seguir se relacionan:

1. Presidente/a:

1.1. Titular:

– A persoa titular da Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte da Dirección Xeral de Mobilidade.

1.2. Suplentes:

– A persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte da Dirección Xeral de Mobilidade.

– A persoa titular da xefatura do Servizo de Estudos e Apoio Xurídico da Dirección Xeral de Mobilidade.

– A persoa titular da xefatura do Servizo de Autorizacións, Informes e Xunta Arbitral da Dirección Xeral de Mobilidade.

2. Vogais:

2.1. Representantes da Administración:

2.1.1. Titulares:

– A persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte da Dirección Xeral de Mobilidade.

– A persoa titular da xefatura do Servizo de Estudos e Apoio Xurídico da Dirección Xeral de Mobilidade.

2.1.2. Suplentes:

– A persoa titular da xefatura do Servizo de Autorizacións, Informes e Xunta Arbitral da Dirección Xeral de Mobilidade.

– A persoa titular da xefatura do Servizo de Ordenación do Transporte Regular de Viaxeiros da Dirección Xeral de Mobilidade.

– A persoa titular da xefatura do Servizo de Coordinación dos Plans de Transporte da Dirección Xeral de Mobilidade.

– As persoas titulares das xefaturas dos servizos de Mobilidade das xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas nas provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

2.2. Representante das empresas de transporte por ferrocarril:

– Vacante.

2.3. Representante das empresas de transporte de viaxeiros e viaxeiras, por proposta do Comité Galego de Transportes por Estrada:

2.3.1. Titular:

– José Carlos García Cumplido.

2.3.2. Suplente:

– Raquel García Varela.

2.4. Representante das empresas de transporte de mercadorías e das actividades auxiliares e complementarias do transporte, por proposta do Comité Galego de Transportes por Estrada:

2.4.1. Titular:

– José Carlos García Cumplido.

2.4.2. Suplente:

– Raquel García Varela.

2.5. Representante das persoas consumidoras e usuarias, por proposta do Consello Galego de Consumidores e Usuarios:

2.5.1. Titular:

– Rocío Arnoso Moure.

2.5.2. Suplente:

– Almudena Carracedo Troncoso.

2.6. Representante das empresas cargadoras, por proposta da Confederación de Empresarios de Galicia:

2.6.1. Titular:

– Héctor Torres Laguna.

2.6.2. Suplente:

– José Manuel Maceira Blanco.

3. Secretario/a:

3.1. Titular:

– A persoa titular da xefatura do Servizo de Autorizacións, Informes e Xunta Arbitral da Dirección Xeral de Mobilidade.

3.2. Suplentes:

– As persoas designadas nesta resolución para ocuparen, xa sexa como titulares xa como suplentes, as vogalías da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia en representación da Administración.

Segundo. A designación dos membros correspondentes á Administración entenderase condicionada a que as persoas que ocupen os postos indicados teñan o título de licenciado en dereito ou equivalente.

Terceiro. A antedita modificación entenderase vixente e aplicable a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. A composición establecida nesta resolución será aplicable para as vistas e actos da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia que se celebren a partir da data de publicación da presente resolución; para os anteriores entenderase aplicable a composición vixente ata entón. En todo caso, para ditar laudos correspondentes a vistas celebradas con anterioridade á dita data, entenderase aplicable a composición vixente no momento de celebrarse a vista oral.

Quinto. En caso de modificación da estrutura orgánica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda que dea lugar a unha alteración dos órganos ou unidades a que se refire esta resolución, as súas mencións entenderanse feitas a aqueles que os substitúan.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2015

Helena de Lucas de Santos
Directora xeral de Mobilidade