Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 2 de decembro de 2015 Páx. 45407

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2015, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se da publicidade á parte dispositiva da Sentenza 150/2015, do 12 de marzo, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 12 de marzo de 2015, pronunciou a Sentenza 150/2015, ditada no procedemento ordinario 4168/2013, interposto por María Concepción Cid Fernández, sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Estimamos en parte o recurso contencioso-administrativo interposto por Concepción Cid Fernández, contra a Orde do 7.12.2013, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se outorgou aprobación definitiva ao Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Verín, que anulamos en canto clasifica como solo urbanizable delimitado os terreos que forman o sector SUD-07, que deberán ser clasificados como solo rústico de protección forestal, e como solo rústico de protección de augas na zona de policía do río Ábedes. No demais desestimamos o recurso. Non se fai imposición de custas».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2015

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo