Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 1 de decembro de 2015 Páx. 45344

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación dos servizos de procurador dos tribunais.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Vigo. b) Dependencia: Asesoría Xurídica. c) Número de expediente: 9408-111.

2. Obxecto do contrato: a) Descrición: acordo marco para seleccionar oito procuradores/as, aos cales se lles adxudicarán os contratos de servizos derivados, e establecer os requisitos e as condicións a que teñen que suxeitarse os contratos que se adxudiquen para a prestación dos servizos de procurador dos tribunais que exerza a representación do Concello de Vigo en cantos asuntos radicados nos partidos xudiciais de Vigo, A Coruña e Madrid lle sexan encomendados e non estea representado polos seus propios letrados. b) CPV: 79112000-2. c) División por lotes e número de lotes: si, 3. Lote 1: catro procuradores/as para actuar no partido xudicial de Vigo. Lote 2: dous procuradores/as para actuar no partido xudicial da Coruña. Lote 3: dous procuradores/as para actuar no partido xudicial de Madrid. d) Prazo de execución: catro anos. e) Lugar de execución: partido xudicial de Vigo, A Coruña e Madrid.

3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 283.702,56 euros.

5. Garantías provisionais: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante), teléfono 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar a documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non procede.

8. Presentación de ofertas: a) Prazo: o prazo rematará o décimo quinto día seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG. b) Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo. Praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo. d) Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e conómica: a) Entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio. b) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións: _

11. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 23 de novembro de 2015

P.D. (Decreto do 19.6.2015 e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación