Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 1 de decembro de 2015 Páx. 45343

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de aprobación da modificación do uso dotacional deportivo da parcela municipal sita no Plan parcial do Parque Tecnolóxico e Loxístico para ser destinada a aparcamento público (expediente 15198/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión ordinaria do día 26 de outubro de 2015, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar, ao abeiro do disposto no artigo 47.4 da Louga, o cambio do uso dotacional clase «deportivo», previsto no Plan parcial do Parque Tecnolóxico e Loxístico (cuxa ordenación asumiu o PXOM de Vigo vixente) para a parcela resultante nº 20 do proxecto de reparcelación do referido sector, polo uso dotacional clase «servizos públicos», e manter a súa titularidade pública.

Segundo. Publicar o presente acordo no BOP, no DOG e na web municipal e notificalo, para o seu coñecemento, á Concellaría de Deportes, á Oficina de Patrimonio, así como ao Servizo de Cartografía, á Oficina de Proxectos Municipais, á Oficina de Planeamento-Xestión, á Oficina de Licenzas e á Información da Xerencia Municipal de Urbanismo.

Terceiro. Remitir o presente acordo, na forma prevista no artigo 92 da Louga, á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia, para o seu coñecemento e efectos. No anuncio de aprobación referido no punto dispositivo segundo deste acordo farase constar esta remisión.

Dando cumprimento ao establecido no ordinal terceiro deste acordo, faise constar que, mediante oficio da Vicepresidencia da Xerencia Municipal de Urbanismo, do 9 de novembro de 2015, foi remitido o acordo adoptado na forma prevista no artigo 92 da Louga á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia, para o seu coñemento e efectos oportunos.

Vigo, 10 de novembro de 2015

P.D. (Resolución 6.7.2015)
María José Caride Estévez
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo