Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 1 de decembro de 2015 Páx. 45335

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se renuncia á continuidade na licitación do punto 4 (galleta en paquetes, 4 unidades) do lote 31, tramitado mediante o procedemento MS-EIC1-15-008, que ten por obxecto a contratación da subministración sucesiva de produtos de cociña.

Antecedentes de feito:

Primeiro. O 27 de outubro de 2015 publicouse no Boletín Oficial de la Unión Europea (DOUE núm. 2015/S 208-377250), o 28 de outubro de 2015 no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 206) e o 11 de novembro de 2015 no Boletín Oficial del Estado (BOE núm. 270), o expediente que ten por obxecto a subministración sucesiva de produtos de cociña. Expediente MS-EIC1-15-008.

Segundo. Visto o comunicado polo Servizo de Hostalaría o 9 de novembro de 2015, relativo a que se detectou un erro no lote 31, artigo 072634, galleta en paquetes (4 unidades), na columna de consumo estimado aparece a cantidade de 3.500.000 unidades e o correcto debería ser 350.000 unidades, o que implica unha modificación orzamentaria importante resultando, ademais, inviable para poder levar a cabo a súa execución.

Terceiro. Vista a conveniencia de non desistir na licitación do resto do expediente por razóns de interese público, posto que este trata de satisfacer unhas necesidades que teñen repercusión no benestar dos pacientes.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O exposto no artigo 210 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, sobre o texto refundido da Lei de contratos do sector público (en diante, TRLCSP), en relación coas prerrogativas que ten o órgano de contratación.

Segundo. O artigo 155 do TRLCSP, onde se regula a renuncia á celebración do contrato.

En virtude das competencias atribuídas pola Orde do 5 de xullo de 2012, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 139, do 20 de xullo)

RESOLVO:

Primeiro. Renunciar á continuidade da licitación do punto 4 do artigo 072634 do lote 31 do contrato de subministracións cuxo obxecto é a subministración sucesiva de produtos de cociña, tramitado mediante expediente MS-EIC1-15-008.

Segundo. Publicar a presente renuncia no perfil do contratante do Servizo Galego de Saúde, así como nos diarios oficiais correspondentes.

Terceiro. Continuar co procedemento de licitación do resto do expediente.

Contra esta resolución, poderá interpoñerse recurso especial en materia de contratación pública no prazo de quince (15) días hábiles de conformidade co disposto no artigo 40 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, ou recurso contencioso-administrativo mediante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación.

A Coruña, 11 de novembro de 2015

Francisco J. Vilanova Fraga
Xerente da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña