Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 1 de decembro de 2015 Páx. 45281

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 11 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2015420AL-PO, incoado por infraccións en materia de seguridade alimentaria.

O 6 de outubro de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra ditou o acordo de inicio do expediente sancionador 2015420AL-PO, incoado á entidade La Despensa de Monxi, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e, ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle ao/á director/a xerente da entidade La Despensa de Monxi, S.L. o contido do referido acordo que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, avenida Fernández Ladreda, nº 43, 1º e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 11 de novembro de 2015

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2015420AL-PO.

Denunciada: La Despensa de Monxi, S.L., con CIF B36384048.

Último enderezo coñecido: estrada O Porriño, Redondela, km 4, Gándara, 36415 Mos.

Feito imputado: supostas infraccións en materia de seguridade alimentaria.

Preceptos infrinxidos: artigos 3, 4.2 e 5 e capítulo I, puntos 1, 2 e 4; capítulo II, punto 1.a) e d) e capítulo VII, punto 1.a) do anexo II do Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

Tipificación: infracción grave, segundo o artigo 35.b).2ª da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade.

Sanción proposta: tres mil cinco euros e sete céntimos de euro (3.005,07 €).