Con data do 30 de outubro de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2015184TA-LU, incoado a Jesús Pérez Villarmea.
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Jesús Pérez Villarmea o contido do referido acordo que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, e lembráselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Montevideo, 9, de Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Advírteselle tamén que de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Lugo, 9 de novembro de 2015
Patricia Daporta Padín
Xefa territorial de Lugo
ANEXO
Nº de expediente: 2015184TA-LU.
Denunciado: Jesús Pérez Villarmea.
DNI: 34635301S.
Último enderezo coñecido: Pbdo. Vilamar-San Xusto de Cabarcos, 28, 27790 Barreiros.
Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.
Preceptos presuntamente infrinxidos: artigos 7.ñ) e 19.2.a) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, modificada pola Lei 42/2010, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, subministración, consumo e a publicidade dos produtos do tabaco.
Tipificación provisional: leve.
Sanción proposta: trinta euros (30,00 €).