Pola presente, e de conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro) e pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro) notifícaselles ás persoas físicas e xurídicas que a continuación se mencionan, titulares de establecementos turísticos, as resolucións dos procedementos administrativos de carácter sancionador en materia de turismo por infracción administrativa grave da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia (DOG núm. 216, do 11 de novembro), e que, intentadas polos medios habituais, non se puideron practicar.
As persoas interesadas poderán examinar os seus expedientes e recoller as resolucións mediante comparecencia nas dependencias desta Axencia Turismo de Galicia situadas na estrada de Santiago-Noia, km 3, A Barcia, de Santiago de Compostela (A Coruña).
Contra as ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, as interesadas poderán interpoñer recurso de reposición ante a titular da Axencia Turismo de Galicia no prazo dun (1) mes, ou ben recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses, desde o día seguinte ao desta publicación, de conformidade co establecido nos artigos 8.2.b), 14.1 segunda, e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Expediente: TUSAN1 2014/076-3.
Sancionada: Eurolimpa Distribuciones, S.L.U.
NIF nº: B32177859.
Último enderezo: Finca Sevilla, s/n, Expourense.
Localidade: Ourense.
Precepto infrinxido: artigo 110.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.
Resolución: multa de 3.600 euros.
Expediente: TUSAN1 2014/077-3.
Sancionada: Nueva Hostelería de Ourense, S.L.
NIF nº: B32439564.
Último enderezo: estrada de Reza, km 4, s/n.
Localidade: Ourense.
Precepto infrinxido: artigo 110.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.
Resolución: multa de 1.200 euros.
Expediente: TUSAN1 2010/068-4.
Sancionada: OH Vigo, S.L.
NIF nº: B36776656.
Último enderezo: rúa García Barbón, nº 22.
Localidade: Vigo (Pontevedra).
Resolución: caducidade.
Comunícaselles que as resolucións desta Axencia Turismo de Galicia poñen fin á vía administrativa e son, por tanto, executivas, polo que deberá aboar o importe da multa nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes posterior, ou ata o día inmediato hábil seguinte, b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior, ou ata o día inmediato hábil seguinte.
O aboamento realizarase mediante os impresos formalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta axencia de turismo. De non efectuarse o ingreso no período voluntario, procederase á exacción da débeda pola vía de constrinximento.
Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2015
Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia