Con data do 4 de novembro de 2015, a Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas emitiu resolución de aprobación dos mapas estratéxicos de ruído das estradas da rede autonómica de Galicia das zonas que se relacionan a seguir:
– Zona de Santiago, cuxa información pública foi publicada o 2 de decembro de 2014 no Diario Oficial de Galicia.
– Zona da Coruña Oeste-Costa da Morte, cuxa información pública foi publicada o 9 de decembro de 2014 no Diario Oficial de Galicia.
– Zona de Ferrol-A Coruña Leste, cuxa información pública foi publicada o 17 de decembro de 2014 no Diario Oficial de Galicia.
– Zona da Barbanza-Noia, cuxa información pública foi publicada o 12 de xaneiro de 2015 no Diario Oficial de Galicia.
– Zona de Lugo, cuxa información pública foi publicada o 21 de xaneiro de 2015 no Diario Oficial de Galicia.
– Zona de Ourense, cuxa información pública foi publicada o 29 de xaneiro de 2015 no Diario Oficial de Galicia.
– Zona do Salnés-Caldas, cuxa información pública foi publicada o 16 de febreiro de 2015 no Diario Oficial de Galicia.
– Zona de Vigo-O Morrazo, cuxa información pública foi publicada o 3 de marzo de 2015 no Diario Oficial de Galicia.
– Zona do Baixo Miño, cuxa información pública foi publicada o 17 de marzo de 2015 no Diario Oficial de Galicia.
Os documentos resumo da cada unha das unidades dos mapas estratéxicos foron sometidos á información pública por un prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Os expedientes estiveron expostos ao público, nos días e nas horas hábiles de oficina, nos locais da Axencia Galega de Infraestruturas e nas respectivas casas dos concellos, co fin de que calquera persoa física ou xurídica formulase as alegacións que considerase pertinentes.
Consideracións legais:
Os estudos cumpren os requisitos que exixe a normativa vixente:
• Directiva 2002/49/CE, do Parlamento Europeo e do Consello, do 25 de xuño de 2002, sobre avaliación e xestión do ruído ambiental.
• Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído.
• Real decreto 1513/2005, do 16 de decembro, polo que se desenvolve a Lei 37/2003, no referente á avaliación e xestión do ruído ambiental.
• Real decreto 1367/2007, do 19 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 37/2003, no referente á zonificación acústica, obxectivos de calidade e emisións acústicas; e o Real decreto 1038/2012, do 6 de xullo, que o modifica.
Por todo o exposto e tras a análise efectuada das alegacións e dos informes presentados polos organismos oficiais competentes,
RESOLVO:
Aprobar a información pública dos mapas estratéxicos de ruído das estradas da rede autonómica de Galicia de todas as zonas de referencia, coas seguintes consideracións soamente para a zona de Ferrol-A Coruña Leste:
– Estrada AC-862.
Corrixiranse os cadros do punto 8.4 e do plano 3.1 (mapa de afección), para que coincidan coa información do punto 8.3.1. Na cela correspondente a Lden (dBA)>55, para «N» de centros docentes, especificarase o valor de «4 colexios» en lugar de «7 colexios».
– Estrada AG-64.
Corrixiranse os cadros do punto 8.4 e do plano 3.1 (mapa de afección), indicarase, na cela correspondente a Lden (dBA)>55 para «Vivendas (centenas)», o valor de «5 vivendas» en lugar do actual de «2 vivendas».
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ou ben recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG, de acordo co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
O que se fai público para o seu xeral coñecemento.
Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2015
Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas